Como todo o mundo sabe, a diabetes é unha enfermidade crónica que consiste en que o páncreas non funciona adecuadamente, e polo tanto ou ben non segrega a cantidade axeitada de insulina, ou non ten a capacidade de empregala con eficacia.
En España un 13,8 por cento da poboación ten que vivir en torno ao control desta enfermidade inxectándose diariamente insulina e comendo en base a unha dieta especial.
Afortunadamente, nesta sociedade avanzada na que vivimos, logrouse crear un pequeno dispositivo parecido a un móbil que administra insulina as 24h do día de forma continuada: A bomba de insulina. Consta de dúas partes o infusor da insulina e o cateter de conexión.
-O infusor de insulina é unha microcomputadora programada para infundir a insulina.
-O cateter de conexión é un fino tubo de plástico que conecta a bomba co tecido subcutáneo.
O funcionameto deste semexante aparato é imitar o funcionamento do páncreas. Suministra a cantidade continua de insulina que está programada previamente polo equipo diabeteolóxico, o/a paciente e/ou a familia, baseándose nos seus controis de glucemia.