domingo, 25 de octubre de 2015

CANCRO DE MAMA

19 de outubro de 2015: 
                
                              DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

A unha de cada oito mulleres diagnostícanlle cancro de mama. É un tumor que nace nos tecidos mamarios e aparece cando as células do epitelio glandular se reproducen de forma incontrolada e moi rápidamente.
Facer exercicio e levar un hábito de vida saudable axudan á prevención e na mellor resposta aos tratamentos.

Cales son as causas polas que se produce o cancro de mama?
-Idade e sexo:
 O risco no que aumenta a posibilidade de padecer cancro de mama aumenta coa idade. Sole manifestarse en mulleres a partir de 50 anos. Aínda que os homes tamén o poden padecer, no 99% dos casos prodúcense nas mulleres.
-Xenética:
Se se teñen antecedentes familiares que tiveran ou teñan cancro de mama, aumenta o risco de padecelo.
-Factores reprodutivos:
Como a aparición temprana da primeira menstruación ou da menopausa tardía ou non haber dado nunca a luz.
-Cancro de mama anterior.
-Alta densidade mamaria.
-Exposición a radiacións ionizantes, sobre todo na pubertade.
-Obesidade.
-Consumo de alcohol.

Os síntomas máis frecuentes deste cancro son a aparición de nódulos palpables nas mamas.

Unha vez detectado o cancro hai que facer unha ciruxía que extirpa o tumor e analiza os ganglios da axila. Unha vez feito isto, continúase o tratamento coa quimioterapia para impedir que as células tumorais crezan e destruílas. Os efectos secundarios do tratamento son náuseas e vómitos, pérdida do cabelo, irritacións bucais, anemia e neutropenia.

Actualmente estanse levando a cabo investigacións contra o cancro de mama para atopar outras formas para prevenilo, métodos para descubrilo de forma temprana, e novas maneiras de curalo.
Para que isto poida ser, todos os cidadáns deberiamos colaborar e donar cartos para a investigación.

Hai diversas maneiras de axudar á investigación contra o cancro de mama, as cales son;

-A carreira da muller:

Resultado de imagen de carrera de la mujer contra el cancer en madrid

-Mercar certos produtos que colaboran:



Todos nós deberiamos poñer da nosa parte e axudar.