lunes, 29 de febrero de 2016

PLANTAS CARNÍVORAS

É verdade que as plantas son seres autótrofos e que fabrican os seus propios alimentos. Pero si que existe algunhas especies de plantas que son carnívoras, que se alimentan de insectos.

A maioría destas especies requiren auga de chuvia con ácido sulfúrico e solen nacer en solos ácidos e pobres en nutrientes.

Este tipo de plantas poden clasificarse según o seu mecanismo de captura:

-Trampas combinadas: Utiliza pinzas e pelos pegaxosos.
-Trampas mecánicas: Mostran no seu talo pequenas trampas que parecen pequenos globos cos que atraen e atrapan ao insecto.
-Pelos pegaxosos: Posúen un fluído aromático que atrae aos insectos. Cando estes se pousan sobre eles quedan atrapados ao ser pechada a folla sobre si mesma.
-Trampa langosta-ola: Empregan unha folla en forma de Y para evitar que salan os insectos unha vez foron atraídos mediante elementos químicos.
-Pinzas: A depredadora atrae á presa con dulce néctar e espera a que se pouse nos seus cilios detectores. Cando isto ocorre, as espiñas do borde a pechan por completo.
-Trampas de caída: A súa forma é de copa e no seu inte4rior hai unha especie de líquido onde as presas afogan despois de ser atraídas polo seu dulce olor.

Resultado de imagen de plantas carnivorasResultado de imagen de plantas carnivoras
Resultado de imagen de plantas carnivoras         

Un gran avance no mundo da medicina: A vacinación.

O DESCUBRIMENTO DAS VACINAS


Todo comezou no século XVIII, momento no que se estaba producindo unha gran epideme de varíola, que se caracterizaba pola aparición de graves lesións cutáneas e ademais era unha enfermidade contaxiosa e mortal. Desgraciadamente, non había forma efectiva de controlala e estaba producíndose unha clara expansión por toda Europa e América. Pero a cousa cambiou no ano 1796 grazas á intervención de Edward Jenner ( 1749-1823). 

Comezou os seus estudos profesionais inclinándose na botánica e na zooloxía, pero Jenner interesouse pola inoculación no ano 1796.
Percatouse da resistencia dalgunhas ordeñadoras de vacas ao virus da varíola humana. Ao parecer, estas profesionais, ao estar en contacto directo coas vacas, solían infectarse do virus da varíola vacuna, un tipo de varíola similar á humana que parecía proporcionarlles certa inmunidade ao contraer esta última, aínda en pleno auxe de esta devastadora enfermidade por Europa. 

Os seus experimentos seguiron avanzando grazas a un rapaciño de oito anos ( James Phipps ) que foi a primeira persoa inxectada da varíola vaca. Sete semanas despois de recuperarse desta infección, Jenner introduciulle un novo virus, esta vez o da varíola humana. Afortunadamente, o rapaz non mostrou ningún síntoma e ademáis demostrou a eficacia deste método para preservar a unha persoa de contraer a enfermidade.

O termo vacina foi extendido por Louis Pasteur a finais do século XIX, a partir das investigacións de Jenner.

Esta invención supuxo grandes avances no mundo da ciencia.

Resultado de imagen de edward jenner           

lunes, 1 de febrero de 2016

Theodosius Dobzhansky

Theodosius Dobzhansky ( 1900 Nemirov, Ucrania - 1975 San Jacinto, California ). Foi xenético e zoólogo e fixo grandes contribucións á xenética grazas ás súas investigacións. Estudou na Universidade de Kiev. En 1927 emigrou a Estados Unidos para unirse ao zoólogo estadounidense Thomas Hunt Morgan na Universidade de Columbia een 1928 ambos trasladáronse ao Instituto de Tecnoloxía de California. En 1936 foi nomeado catedrático de zooloxía.

Foi un dos represemtantes da teoría sintética da evolución ( que combina a teoría de evolución de Darwin cos principios da xenética mendeliana ) xunto co zoólogo Ernst Mayr, o paleontólogo George G. Simpson, o botánico George Ledyard Stebbins e o zoólogo Xulián Huxley. 


Dobzhansky propuxo que a evolución pode percibirse como un cambio de frecuencias xénicas  no seo dunha poboación.

As súas investigacións demostraban a súa teoría acerca da evolución das especies, que el baseaba nun proceso de adaptación. Observou as poboacións da mosca da froita ( Drosophila ) que habitaba na zona oeste dos Estados Unidos e comparouna coa das zonas tropicais, co que o levou a descubrir que nunha mesma especie existen variacións xenéticas que permiten unha mellor adaptación ao medio. Ao proxectar as conclusións sobre a raza humana, sostiña que esta está condicionada pola herdanza, pero que en ningún caso esta estaba por enriba das condicións ambientais.

Os aportes deste científico en pleno século XX trouxo consigo a xeración de grandes descubrimentos no campo da xenética. Do mesmo modo, foi capaz de actualizar a formación científica mediante o seu servizo ás universidades e institucións de investigación.