martes, 8 de marzo de 2016

Contribuír a coidar o medio ambiente

Coidar o medio ambiente é unha faceta das nosas vidas que deberiamos cumprir e que se nos está indo das mans. Ao facer calquer actividade diaria que para nós é indispensable estamos producindo un dano irremediable que pode cambiar o mundo. Tanto se utilizamos habitualmente os coches, como se tiramos lixo ao chan, se construimos calquer tipo de obra, se vertemos fluidos tóxicos ou basura ao mar, etc. 

Básicamente é moi importante coidalo porque é o conxunto de todas as cousas vivas que nos rodean e del obtemos a materia prima que empregamos para vivir. A contaminación estanos levando ao periogso quecemento global e así como depende de nós empeoralo, tamén está nas nosas mans melloralo e sen facer grandes esforzos.
Por exemplo, usar máis o transporte público ou bicicleta, reciclar o lixo, aforrar auga mentres lavamos os dentes ou nos duchamos, evitar non tirar porquería ao chan.... en fin, un montón de areas que poden facer unha montaña.
              

                      Resultado de imagen de medio ambiente

lunes, 7 de marzo de 2016

Existe realmente a hipnose?

 A hipnose tal e como a coñecemos a través do mundo da televisión, na que unha persoa é capaz de que alguén realice algo en contra da súa vontade, non é certo. A hipnose non se trata dun truco de maxia. Os científicos considérana como un fenómeno psicolóxico que se estuda dentro dos laboratorios. Esta é unha técnica que pode aumentar a efectividade das terapias. Soamente os profesionais poden empregar esta técnica. Esta axuda á recuperación emocional do individuo que padece certa enfermidade. Polo que si se poderán curar medos e fobias. 

Mentres unha persoa está hipnotizada si pode lembrar cousas pasadas, incluso con maior facilidade. Non é certo que un se volva tolo nel, nin moito menos. Todo o contrario, é un tratamento complétamente bo para mellorar a propia psicoloxía.

Resultado de imagen de la hipnotizacion es real

Un equipo galego crea un fármaco contra o cancro resistente

Sen ir máis aló e centrándonos en no ámbito da medicina, sería moi importante saber que a biomedicina galega adquiriu unha gran importancia. Un equipo da Universidade de Saniago foi seleccionado pola multinacional GlaxoSmithKline ( GSK ) para o desenolvemento dun fármaco para os tumores resistentes aos tratamentos. É coordinada por Anxo Carracedo e Mabel Loza. Colaboran 21 países nesta investigación. Ademais participará co Centro Nacional de Biotecnoloxía ( CSID ) dirixido por Isabel Mérida. En principio, probaránse para os cancros correctal, de ovario e de pulmón. O mecanismo baséase na inmuno terapia, para que sexa o propio sistema inmune o que ataque ás células canceríxenas. Tamén se probarán para a propagación do cancro.

A única desvantaxe que se presenta a todo isto, é que a GSK non financiará a investigación do equipo galego, polo que este necesita máis de 100 000 euros.

   


O alzheimer

O alzheimer é unha enfermidade cerebral bastante común nas persoas ao chegar á vellez.  As causas da enfermidade descoñécense, aínda que solen asociala a aparición de placas seniles e ovillos neurofibrilares. Esta provoca problemas relacionados coa memoria, intervén no comportamento e ademais dificulta as facultades intelectuais. É moi tráxico pensar que non podemos lebrar os nosos bos momentos experimentados ao longo da nosa vida ou non saber o que facemos de tal xeito como se non estiveramos no mundo. 

Hoxe en día estímase que 5,4 millones de persoas en EEUU padecen a enfermidade. Para ao ano 2050 pénsase que pode alcanzar os 16 millóns de habitantes.

Esta enfermidade empeora a medida que pasa o tempo e non pode ser curada aínda que si pode ser tratada. Por iso se alguén vivise con algún/algunha padecente desta enfermidade, debería ter paciencia e pensar que si algún día nós chegásemos a ocupar ese lugar nos gustaría que alguén nos botase unha man.







Científicos importantes españois actuais

Á hora de falar de científicos importantes, o primeiro no que pensamos son nos grandes da historia que interviron nos avances relacionados a este campo: Isaac Newton, Alberet Einsten, Charles Darwin, Marie Curie, Gregor Mendel... e moitos máis. Estes todos son os que aprendemos no instituto. Actualmente na sociedade avanzada na que vivmos, probablemente un terzo da poboación ou máis se dedique a estudar ciencia e faga alugnha aportación importante. Evidentemente, resultaría imposible estudalos todos na escola, pero aínda así coñecemos a algúns moi famosos de diferentes países. Pero se profundizamos un pouco, realmente coñecemos ós científicos máis importantes do noso país? Sería moi interesante saber polo menos algún e mostrar unha parte de admiración a semexantes xenios que contribúen a mellorar a sociedade.

Algúns dos investigadores máis relevantes son:

-Joan Massagué: É un dos máis importantes dentro do área da bioloxía molecular e un dos máis prestixiosos a nivel mundial na orixe da propagación do cancro.


 Resultado de imagen de joan massagué

-Luis Oro: É catedrático da Universidade de Zaragoza e un dos mellores químicos do mundo.

Resultado de imagen de luis oro

-Manuel Aguilar: É director do departamento de Investigación Básica do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas.



-Francisco Sánchez Madrid: Inmunólgo da Universidade Autónoma de Madrid.

Resultado de imagen de francisco sanchez madrid

-Magarita Salas: É unha das investigadoras españolas con maior recoñecemeto no camapo da bioquímica e na bioloxía molecular.

Resultado de imagen de margarita salas

-Carlos Duarte: investigador do Instituto Mediterráneo dos Estudos Avanzados.

Resultado de imagen de carlos duarte investigador

-María Blasco: Científica especializada no proceso de envellecemento das células.

Resultado de imagen de maria blasco

-Juan Bisquert: Catedrático de Física Aplicada da Universitat Jaume I de Castellón. É un dos 3000 investigadores contemporáneos máis influíntes do mundo. Levou o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica e Doctor Honoris Causa da Jaume I.

Resultado de imagen de juan bisquert




A bomba de insulina

Como todo o mundo sabe, a diabetes é unha enfermidade crónica que consiste en que o páncreas non funciona adecuadamente, e polo tanto ou ben non segrega a cantidade axeitada de insulina, ou non ten a capacidade de empregala con eficacia. 

En España un 13,8 por cento da poboación ten que vivir en torno ao control desta enfermidade inxectándose diariamente insulina e comendo en base a unha dieta especial.

Afortunadamente, nesta sociedade avanzada na que vivimos, logrouse crear un pequeno dispositivo parecido a un móbil que administra insulina as 24h do día de forma continuada: A bomba de insulina. Consta de dúas partes o infusor da insulina e o cateter de conexión.

-O infusor de insulina é unha microcomputadora programada para infundir a insulina.

-O cateter de conexión é un fino tubo de plástico que conecta a bomba co tecido subcutáneo.

O funcionameto deste semexante aparato é imitar o funcionamento do páncreas. Suministra a cantidade continua de insulina que está programada previamente polo equipo diabeteolóxico, o/a paciente e/ou a familia, baseándose nos seus controis de glucemia.


Resultado de imagen de bomba de insulina   Resultado de imagen de bomba de insulina
Resultado de imagen de bomba de insulina       Resultado de imagen de bomba de insulina