jueves, 9 de junio de 2016

COMO ACERCAR A CIENCIA ÁS NOVAS XERACIÓNS


Hoxe en día, ninguén pon en dúbida que a ciencia é parte esencial e vertebradora da cultura. Gran parte dos cambios sociais ocurridos nas últimas décadas teñen como base importantes progresos científicos e tecnolóxicos. Os avances da ciencia recaen, finalmente, sobre o  conxunto da sociedade, que debe integralos na súa forma de vida. Neste punto iníciase a discusión sobre o xeito ideal de presentar os resultados das investigacións científicas á sociedade que é a receptora dos avances tecnolóxicos asociados aos novos descubrimentos científicos. Plántexase o gran reto de acercar a ciencia e a tecnoloxía á poboación, despertando o interés desde as idades máis tempranas. 

Resulta imprescindible que existan plantexamentos claros das institucións educativas para conseguir acercar a ciencia as xeracións máis xóvenes. Aquí xoga un papel fundamental a preparación pedagóxica do profesorado. Tamén o compromiso editorial para a divulgación científica, buscando un maior compromiso do periodismo para a especializacion en temas científico-tecnolóxicos. Por outra parte, a utilización de recursos alternativos, como as aulas taller, as visitas a centros de traballo, museos, etc. Por último, non se debe olvidar o proceso educativo dentro da familia, a complicidade dos pais na apertura e descubrimento do mundo é esencial desde moi cativos. 

O debate científico debe trascender do terreo vedado aos especialistas e implicar ao conxunto da sociedade. E así como se establecen os pilares da cultura científica. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario