jueves, 9 de junio de 2016

Primeiro exoesqueleto infantil

Primeiros exoesqueletos infantís

Un grupo de científicos españois do CSIC  (Consello Superior de Investigacións Científicas) localizado en Madrid, desenvolveu un exoesqueleto para rapaces con atrofia muscular e espiñal. 

Esta enfemidade en España afecta arredor de dous mil nenos, que se caracteriza por que non poden camiñar.

O invento trátase dun dispositivo duns 12 kg feito de aluminio e de titanio, o cal presenta unha serie de longos soportes (orteses) que se adaptan ás pernas e ao tronco e que presenta uns sensores aos que se lle envían unhas sinais motoras que imitan o comportamento dos músculos e aportan a forza que a persoa precisa para manterse en pé e poder camiñar.

O fabricamento do dispositivo podería chegar a costar 30 mil euros, e o seu uso terapéutico andaría sobre 800 euros mensuais. 

Este novo decubrimento español traerá novas ilusións e alegrías para estes rapaces que nunca na súa vida tiveron a capacidade de camiñar. Actualmente xa doce rapaces nos hospitais de Ramón y Cajal de Madrid e Sant Joan de Deu en Barcelona  están utilizando este novo exoesqueleto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario