Por primeira vez na historia, a última xeración de astronautas da NASA está integrada nun 50% por mulleres. Foron selecionados pola axencia estatal oito candidatos dun grupo de máis de 6.000 solicitantes. De entre eles destacan catro mulleres que poderían ser finalmente elexidas para viaxar a Marte en 15 anos.
Estas catro mulleres tiveron que superar intensas probas psicolóxicas e médicas para conseguir ser seleccionadas pola NASA. Trátase de
. Anne MacClain: graduada na Academia militar de West point, servíu no exército de Estados Unidos pilotando helicópteros en Irak. Ten dous títulos de maestría.
- Jessica Meir; é unha científica especializada en bioloxía marina, que fixo traballos de investigación na Antártida.
- Christina Koch, tamén científica conta con un postgrao na Universidae estatal de Carolina do Norte,era Xefe Nacional do Océano e da estación da Atmósfera.
- Finalmente, Nicole Aunapu Mann é graduada na Academia Naval de Estados Unidos, tamén pilotou avións de combate en Irak .
O obxectivo da NASA é enviar humanos a un asteroide en 2025 e logo a Marte na década de 2030. Esta vez parece que as mulleres xogarán un papel preponderante na misión espacial. Na viaxe poderianse invertir de dous a tres anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario