lunes, 1 de febrero de 2016

Theodosius Dobzhansky

Theodosius Dobzhansky ( 1900 Nemirov, Ucrania - 1975 San Jacinto, California ). Foi xenético e zoólogo e fixo grandes contribucións á xenética grazas ás súas investigacións. Estudou na Universidade de Kiev. En 1927 emigrou a Estados Unidos para unirse ao zoólogo estadounidense Thomas Hunt Morgan na Universidade de Columbia een 1928 ambos trasladáronse ao Instituto de Tecnoloxía de California. En 1936 foi nomeado catedrático de zooloxía.

Foi un dos represemtantes da teoría sintética da evolución ( que combina a teoría de evolución de Darwin cos principios da xenética mendeliana ) xunto co zoólogo Ernst Mayr, o paleontólogo George G. Simpson, o botánico George Ledyard Stebbins e o zoólogo Xulián Huxley. 


Dobzhansky propuxo que a evolución pode percibirse como un cambio de frecuencias xénicas  no seo dunha poboación.

As súas investigacións demostraban a súa teoría acerca da evolución das especies, que el baseaba nun proceso de adaptación. Observou as poboacións da mosca da froita ( Drosophila ) que habitaba na zona oeste dos Estados Unidos e comparouna coa das zonas tropicais, co que o levou a descubrir que nunha mesma especie existen variacións xenéticas que permiten unha mellor adaptación ao medio. Ao proxectar as conclusións sobre a raza humana, sostiña que esta está condicionada pola herdanza, pero que en ningún caso esta estaba por enriba das condicións ambientais.

Os aportes deste científico en pleno século XX trouxo consigo a xeración de grandes descubrimentos no campo da xenética. Do mesmo modo, foi capaz de actualizar a formación científica mediante o seu servizo ás universidades e institucións de investigación. 



         

1 comentario:

  1. Moi bo post. Moi ben que inclúas a Stebbins e Huxley como pais da Teoría Sintética. Ánimo,Miriam. Cando te decides a escribir quédanche uns posts moi interesantes.

    ResponderEliminar