lunes, 29 de febrero de 2016

Un gran avance no mundo da medicina: A vacinación.

O DESCUBRIMENTO DAS VACINAS


Todo comezou no século XVIII, momento no que se estaba producindo unha gran epideme de varíola, que se caracterizaba pola aparición de graves lesións cutáneas e ademais era unha enfermidade contaxiosa e mortal. Desgraciadamente, non había forma efectiva de controlala e estaba producíndose unha clara expansión por toda Europa e América. Pero a cousa cambiou no ano 1796 grazas á intervención de Edward Jenner ( 1749-1823). 

Comezou os seus estudos profesionais inclinándose na botánica e na zooloxía, pero Jenner interesouse pola inoculación no ano 1796.
Percatouse da resistencia dalgunhas ordeñadoras de vacas ao virus da varíola humana. Ao parecer, estas profesionais, ao estar en contacto directo coas vacas, solían infectarse do virus da varíola vacuna, un tipo de varíola similar á humana que parecía proporcionarlles certa inmunidade ao contraer esta última, aínda en pleno auxe de esta devastadora enfermidade por Europa. 

Os seus experimentos seguiron avanzando grazas a un rapaciño de oito anos ( James Phipps ) que foi a primeira persoa inxectada da varíola vaca. Sete semanas despois de recuperarse desta infección, Jenner introduciulle un novo virus, esta vez o da varíola humana. Afortunadamente, o rapaz non mostrou ningún síntoma e ademáis demostrou a eficacia deste método para preservar a unha persoa de contraer a enfermidade.

O termo vacina foi extendido por Louis Pasteur a finais do século XIX, a partir das investigacións de Jenner.

Esta invención supuxo grandes avances no mundo da ciencia.

Resultado de imagen de edward jenner           

No hay comentarios:

Publicar un comentario