lunes, 7 de marzo de 2016

O alzheimer

O alzheimer é unha enfermidade cerebral bastante común nas persoas ao chegar á vellez.  As causas da enfermidade descoñécense, aínda que solen asociala a aparición de placas seniles e ovillos neurofibrilares. Esta provoca problemas relacionados coa memoria, intervén no comportamento e ademais dificulta as facultades intelectuais. É moi tráxico pensar que non podemos lebrar os nosos bos momentos experimentados ao longo da nosa vida ou non saber o que facemos de tal xeito como se non estiveramos no mundo. 

Hoxe en día estímase que 5,4 millones de persoas en EEUU padecen a enfermidade. Para ao ano 2050 pénsase que pode alcanzar os 16 millóns de habitantes.

Esta enfermidade empeora a medida que pasa o tempo e non pode ser curada aínda que si pode ser tratada. Por iso se alguén vivise con algún/algunha padecente desta enfermidade, debería ter paciencia e pensar que si algún día nós chegásemos a ocupar ese lugar nos gustaría que alguén nos botase unha man.







No hay comentarios:

Publicar un comentario