martes, 8 de marzo de 2016

Contribuír a coidar o medio ambiente

Coidar o medio ambiente é unha faceta das nosas vidas que deberiamos cumprir e que se nos está indo das mans. Ao facer calquer actividade diaria que para nós é indispensable estamos producindo un dano irremediable que pode cambiar o mundo. Tanto se utilizamos habitualmente os coches, como se tiramos lixo ao chan, se construimos calquer tipo de obra, se vertemos fluidos tóxicos ou basura ao mar, etc. 

Básicamente é moi importante coidalo porque é o conxunto de todas as cousas vivas que nos rodean e del obtemos a materia prima que empregamos para vivir. A contaminación estanos levando ao periogso quecemento global e así como depende de nós empeoralo, tamén está nas nosas mans melloralo e sen facer grandes esforzos.
Por exemplo, usar máis o transporte público ou bicicleta, reciclar o lixo, aforrar auga mentres lavamos os dentes ou nos duchamos, evitar non tirar porquería ao chan.... en fin, un montón de areas que poden facer unha montaña.
              

                      Resultado de imagen de medio ambiente

No hay comentarios:

Publicar un comentario