jueves, 9 de junio de 2016

AVANCES MÉDICOS MÁIS SIGNIFICATIVOS PARA O 2016.


1- Tratamento personalizado baseado na información xenética do individuo. A iniciativa de Medicina de precisión que se pretende poñer en práctica actualmente trata de convertir un enfoque único aplicable a todos noutro, axustado ás necesidades de cada paciente. Estudiarase por qué un tratamento funciona con algunhas persoas coa mesma enfermidade pero non con outras. 
2- Removedor de stents para desfacer os coágulos do cerebro. Os medicamentos para a disolución dos coágulos despois dun ataque cerebral máis común era o tratamento máis utilizado ata agora. A American Heart Asociation recomenda enfáticamente o uso de este cable con punta de malla que se guía a través da arteria ata chegar ao cerebro para agarrar e extraer o coágulo. Esta práctica aumenta a probabilidade de que o paciente sobreviva e recupere o funcionamento da súa vida normal. 
3- Conexión cerebro-extremidad: como xa comentei en anteriores entradas, a meta de conectar o cerebro cunha extremidade robótica para axudar as persoas que sofren de parálese ou amputados a moverse con naturalidade está máis cerca que nunca. os investigadores están colocando os implantes na área do cerebro que controla a intención de moverse, o que permite aos pacientes controlar a extremidade robótica con mais fluidez. 
4- Reaxustar os xenes. Esta tecnoloxía terá como obxectivo eliminar os xenes dañinos do ADN dunha persona e poder editalo fácilmente para combatir as enfermidades e a correción de mutacións xenéticas que causan enfermidades hereditarias, pero existe o risco de que se utilice esta tecnoloxía con fins non médicos para modificar rasgos. 
5- Novas vacinas  contra o cancro. que capacitarían o sistema inmunolóxico para combatir as células canceríxenas sen destruir as células sans. Xa existen vacinas para o tratamento do cancro de próstata e melanoma  e comenzase a traballar sobre unha vacina para o cancro pulmonar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario