miércoles, 8 de junio de 2016

Visita aos Xacementos de Atapuerca

Visita aos Xacementos de Atapuerca

Este gran patrimonio da humanidade está situado na serra de Atapuerca na provincia de Burgos. A súa gran importancia foi determinada polo achazgo da especie de homínidos máis antiga de Europa, o Homo antecessor e do Homo heidelbergensis, aínda que tamén se atoparon algúns fósiles de máis especies distintas.

Pero cal foi o motivo de que nese lugar se instalaran estas especies?
O principal foi o da súa localización xeográfica. Ao sur desta serra limita co río Arlanzón, o río Vena ao norte e ao leste co Sistema Ibérico. Situase entre o Ebro e o Doiro. Isto supón que esta zona sexa húmida e polo tanto permite a existencia dunha gran diversidade de flora e fauna. Ademáis o relevo que presenta é cárstico. Entón o que sucedeu foi que nalgunhas zonas a rocha  caliza dislveuse pola acción do ácido carbónico que se forma ao reaccionar auga con dióxido de carbono. Polo tanto comezaron formándose cavidades que coa erosión foron aumentando ata formarse galerías. Todos estos factores permitiron que os homínidos puideran instaalarse nesta cadea montañosa posto que dispoñían de alimento, auga, lugares de refuxio nos que vivir (as galerías e as covas) e ferramentas de caza.

A visita aos xacementos trátase dun percorrido lineal no que se observaron as excavacións as excavacións nas que os arqueólogos atoparon os restos fósiles. Comeza coa Sima do elefante, na que se atoparon restos pertencentes a un rinoceronte, Continua coa Galería, na que se aatoparon restos de algúns animais como cervos, cabalos ou bisontes. Logo está a Gran Dolina, na que se atoparon restos do Homo antecessor e de ferramentas que empregaban. Ademáis destas hai outras galerías ou cámaras como a sima dos ósos ou a Galería de sílex, pero ás cales non se pode acceder.









No hay comentarios:

Publicar un comentario