jueves, 9 de junio de 2016

 O grafeno: o metal do século XXI. 

Este material saltou á fama en 2010 cando os seus creadores Andre Geim e Konstantin Novoselov, científicos da Universidade de Manchester, foron galardonados co premio Nobel de Física polos seus "experimentos fundamentais co material bidimensional grafeno".
A maioria dos científicos califica as súas propiedades como asombrosas. As máis destacadas refírense á súa resistencia, flexibilidade, elasticidade, a súa alta conductividade térmica e eléctrica. Ademáis o grafeno pode reaccionar quimicamente con outras substancias para formar compostos de diferentes propiedades. Ata o momento é o único material que pode combinar todas estas características simutaneamente.
Está formado por aneis hexagonais de átomos de carbono compostos de tal maneira que se poden obter capas extremadamente delgadas de este metal. 
As súas aplicacións son infinitas:
- Fabricación de avións, satélites espaciais ou automóbiles.
- Construción de edificios.
- Baterías para móbiles máis lixeiras e con máis capacidade. 
- Fabricación de pantallas táctiles flexibles
- Ordenadores mais rápidos.
- Placas solares lixeiras, flexibles e baratas.
- Desalinización e purificación da auga
- Por último, debido as súas propiedades antibacterianas, podería utilizarse para a fabricación de vendaxes, envases de alimentos, roupa, etc. 
Por todo iso preséntase como candidato ideal para ser o material do futuro. 

Resultado de imagen de grafenoResultado de imagen de grafeno mineral


No hay comentarios:

Publicar un comentario