jueves, 9 de junio de 2016

Podemos fiarnos da intelixencia artificial ?

Podemos fiarnos da intelixencia artificial?

Os xigantes da tecnoloxía están invertindo grandes sumas de diñeiro en intelixencia artificial. Pero, por que científicos como Stephen Hawking nos alertan contra ela? Perderemos o control fronte as máquinas? 

Os expertos están de acordo que o desenvolvemento da intelixencia artificial é un dos maiores retos tecnolóxicos da historia. E non só se hai que fixar na robótica. A intelixencia artificial atópase en moitas partes como: o coche sen conductor de google, asistentes virtuais como Siri de Apple...

Moitos científicos aspiran a crear unha intelixencia artificial máis forte que a intelixencia humana. Se ven xa desde agora comezan por presentarse os primeiros problemas. O primeiro por exemplo e que se está quitando pan a moita xente. Unha persoa no traballo precisa horas de descanso e momentos de vacacións, mentre que unha máquina ten a habilidade de xerar traballo continuo e sen descanso.

Dentro desta corrente desconfiada está o cofundador de Microsoft Bill Gates: " Estou no bando dos que sinten preocupación ante unha superintelixencia. Primeiro, as máquinas farán un montón de traballos por nós e non serán tan intelixentes. Pero poucas décadas máis tarde serán unha ameaza."

No hay comentarios:

Publicar un comentario