jueves, 9 de junio de 2016

Enfermidades raras

Enfermidades raras

Son aquelas que afectan a unha baixa incidencia na poboación. Según a OMS existen arredor de 7000 enfermidades raras que afectan a un 7 % da poboación. A pesar de producirse nunha cantidade moi baixa de habitantes, en España chegan a haber unhas tres millóns de persoas afectadas. É dicir, realmente non se trata de casos moi extraordinarios, senón que se trata dunha cifra bastante relevante. Sería importante coñecer un pouco acerca delas, se derivan dalgunha enfermidade producida nalgunha xeración anterior ou se no futuro se non as chegamos a frear, exista a posibilidade de xerarse unha epidemia. Ademáis o seu estudo resultaría necesario para tomar conciencia de que a cada un de nós pódenos afectar e non tratalo desde un punto de vista de un dato estatístico.

Algunhas delas por exemplo son :

-Insensibilidade conxénita á dor: Afecta ao sistema nervioso. Os enfermos ao non sentir os estímulos poden autolesionarse con maior facilidade.

-Proxeria: Caracterízase por un envellecemento acelerado e prematuro.

-Esclerose lateral amiotrófica: Causa unha pérdida progresiva das neuronas motoras.

-Arxiria: Modifica a cor da pel humana hacia un ton gris azulado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario