Enfermidades raras
Son aquelas que afectan a unha baixa incidencia na poboación. Según a OMS existen arredor de 7000 enfermidades raras que afectan a un 7 % da poboación. A pesar de producirse nunha cantidade moi baixa de habitantes, en España chegan a haber unhas tres millóns de persoas afectadas. É dicir, realmente non se trata de casos moi extraordinarios, senón que se trata dunha cifra bastante relevante. Sería importante coñecer un pouco acerca delas, se derivan dalgunha enfermidade producida nalgunha xeración anterior ou se no futuro se non as chegamos a frear, exista a posibilidade de xerarse unha epidemia. Ademáis o seu estudo resultaría necesario para tomar conciencia de que a cada un de nós pódenos afectar e non tratalo desde un punto de vista de un dato estatístico.
Algunhas delas por exemplo son :
-Insensibilidade conxénita á dor: Afecta ao sistema nervioso. Os enfermos ao non sentir os estímulos poden autolesionarse con maior facilidade.
-Proxeria: Caracterízase por un envellecemento acelerado e prematuro.
-Esclerose lateral amiotrófica: Causa unha pérdida progresiva das neuronas motoras.
-Arxiria: Modifica a cor da pel humana hacia un ton gris azulado.
jueves, 9 de junio de 2016
Primeiro exoesqueleto infantil
Primeiros exoesqueletos infantís
Un grupo de científicos españois do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) localizado en Madrid, desenvolveu un exoesqueleto para rapaces con atrofia muscular e espiñal.
Esta enfemidade en España afecta arredor de dous mil nenos, que se caracteriza por que non poden camiñar.
O invento trátase dun dispositivo duns 12 kg feito de aluminio e de titanio, o cal presenta unha serie de longos soportes (orteses) que se adaptan ás pernas e ao tronco e que presenta uns sensores aos que se lle envían unhas sinais motoras que imitan o comportamento dos músculos e aportan a forza que a persoa precisa para manterse en pé e poder camiñar.
O fabricamento do dispositivo podería chegar a costar 30 mil euros, e o seu uso terapéutico andaría sobre 800 euros mensuais.
Este novo decubrimento español traerá novas ilusións e alegrías para estes rapaces que nunca na súa vida tiveron a capacidade de camiñar. Actualmente xa doce rapaces nos hospitais de Ramón y Cajal de Madrid e Sant Joan de Deu en Barcelona están utilizando este novo exoesqueleto.
miércoles, 8 de junio de 2016
Visita aos Xacementos de Atapuerca
Visita aos Xacementos de Atapuerca
Este gran patrimonio da humanidade está situado na serra de Atapuerca na provincia de Burgos. A súa gran importancia foi determinada polo achazgo da especie de homínidos máis antiga de Europa, o Homo antecessor e do Homo heidelbergensis, aínda que tamén se atoparon algúns fósiles de máis especies distintas.
Pero cal foi o motivo de que nese lugar se instalaran estas especies?
O principal foi o da súa localización xeográfica. Ao sur desta serra limita co río Arlanzón, o río Vena ao norte e ao leste co Sistema Ibérico. Situase entre o Ebro e o Doiro. Isto supón que esta zona sexa húmida e polo tanto permite a existencia dunha gran diversidade de flora e fauna. Ademáis o relevo que presenta é cárstico. Entón o que sucedeu foi que nalgunhas zonas a rocha caliza dislveuse pola acción do ácido carbónico que se forma ao reaccionar auga con dióxido de carbono. Polo tanto comezaron formándose cavidades que coa erosión foron aumentando ata formarse galerías. Todos estos factores permitiron que os homínidos puideran instaalarse nesta cadea montañosa posto que dispoñían de alimento, auga, lugares de refuxio nos que vivir (as galerías e as covas) e ferramentas de caza.
A visita aos xacementos trátase dun percorrido lineal no que se observaron as excavacións as excavacións nas que os arqueólogos atoparon os restos fósiles. Comeza coa Sima do elefante, na que se atoparon restos pertencentes a un rinoceronte, Continua coa Galería, na que se aatoparon restos de algúns animais como cervos, cabalos ou bisontes. Logo está a Gran Dolina, na que se atoparon restos do Homo antecessor e de ferramentas que empregaban. Ademáis destas hai outras galerías ou cámaras como a sima dos ósos ou a Galería de sílex, pero ás cales non se pode acceder.

lunes, 6 de junio de 2016
A vida sa está de moda
A VIDA SA ESTÁ DE MODA
Nestes últimos anos a sociedade ven experimentando un cambio de mentalidade respeto ao seu hábito de vida. A "vida sa" está de moda. Se ben nun principio o acercamento a esta fiolosofía foi debido aos cánones estéticos (o certo é que cada vez máis a xente preocúpase por levar unha alimentación equilibrada), por procurar introducir o deporte nas rutinas diarias.
En décadas anteriores a xente acudía a clínicas de estética e salóns de beleza para manterse máis xoven. Hoxe en día a nutrición xoga un papel fundamental. Para cada necesidade estética ou de saúde existen dietas perslnalizdas. Como resposta a toda esta demanda aparecen novos graos universitarios como poden ser a "Tecnoloxía dos alimentos" ou o "nutricionismo e dietéticas".
PREMIO NOBEL DE MEDICINA E FISIOLOXÍA
PREMIO NOBEL DE MEDICINA

É entregado cada ano polo Instituto Karolinska de Suecia a científicos e médicos que destacan polas súas aportacións no campo da Fisioloxía ou da Medicina. É a condecoración de máis alto nivel internacional. É un dos cinco premios Nobel establecidos no testamento de Alfred Nobel en 1895.
Recíbeno aquelas persoas que lograron descubrimentos transcedentais ou a contribución máis significativa ademais dos campos da fisioloxía e da medicina, da física, da química, da literatura, da economía ou da paz.

Os galardóns en física e química son entregados na Academia de Ciencias sueca; o de literatura, pola Academia Sueca de Bellas Artes; e o da paz, por unha comisión de cinco membros elexidos polo Parlamento noruego.
Para presentarse á combocatoria dos premios, cada ano o Comité Nobel de Fisioloxía e Medicina envía unha invitación a aquelas persoas que presentan un alto expediente no seu traballo relacionado a este campo.
O valor do premio é de 10 millón de coroas suecas, que son aproximadamente 970 mil euros.
Os gañadores do último premio foron William C. Cambell, Satoshi Omura e Youyou Tu polas súas contribucións en avances contra infeccións parasitarias.

martes, 8 de marzo de 2016
Contribuír a coidar o medio ambiente
Coidar o medio ambiente é unha faceta das nosas vidas que deberiamos cumprir e que se nos está indo das mans. Ao facer calquer actividade diaria que para nós é indispensable estamos producindo un dano irremediable que pode cambiar o mundo. Tanto se utilizamos habitualmente os coches, como se tiramos lixo ao chan, se construimos calquer tipo de obra, se vertemos fluidos tóxicos ou basura ao mar, etc.
Básicamente é moi importante coidalo porque é o conxunto de todas as cousas vivas que nos rodean e del obtemos a materia prima que empregamos para vivir. A contaminación estanos levando ao periogso quecemento global e así como depende de nós empeoralo, tamén está nas nosas mans melloralo e sen facer grandes esforzos.
Por exemplo, usar máis o transporte público ou bicicleta, reciclar o lixo, aforrar auga mentres lavamos os dentes ou nos duchamos, evitar non tirar porquería ao chan.... en fin, un montón de areas que poden facer unha montaña.
lunes, 7 de marzo de 2016
Existe realmente a hipnose?
A hipnose tal e como a coñecemos a través do mundo da televisión, na que unha persoa é capaz de que alguén realice algo en contra da súa vontade, non é certo. A hipnose non se trata dun truco de maxia. Os científicos considérana como un fenómeno psicolóxico que se estuda dentro dos laboratorios. Esta é unha técnica que pode aumentar a efectividade das terapias. Soamente os profesionais poden empregar esta técnica. Esta axuda á recuperación emocional do individuo que padece certa enfermidade. Polo que si se poderán curar medos e fobias.
Mentres unha persoa está hipnotizada si pode lembrar cousas pasadas, incluso con maior facilidade. Non é certo que un se volva tolo nel, nin moito menos. Todo o contrario, é un tratamento complétamente bo para mellorar a propia psicoloxía.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)